Imos traballar en EQUIPO

para construir comunidades inclusivas e sustentábeis, adaptadas ás necesidades
do futuro

Consultoría en vivenda colaborativa

En AGRELAR Consultora, acompañamos a colectivos, organizacións e administracións públicas no desenvolvemento de proxectos de vivenda colaborativa inclusiva na Galiza. Cun equipo interdisciplinario, ofrecemos asesoría especializada en tódalas fases do proceso: dende a ideación ata a execución, sempre cun enfoque en sustentabilidade e economía social.

Consultora: Grupo promotor formado polas cooperativas Seteoitavas, S. Coop. Galega, 50pés consultoras, S. Coop. Galega e a avogada Mariola Pazos Oviedo. Este equipo de traballo ten como principais obxectivos a investigación e acompañamento técnico especializado na creación de proxectos de vivenda colaborativa inclusiva na Galiza, ofrecendo un servizo integral nas diferentes fases do proceso de ideación, creación e execución, tanto para colectivos como para organizacións e a administración pública.

consultora

Quen somos

AGRELAR Consultora está conformada por un equipo de profesionais en diversas áreas chave para o desenvolvemento de proxectos de vivenda colaborativa na Galiza. O noso grupo promotor inclúe ás cooperativas Seteoitavas e 50pés consultoras, e a avogada especilizada Mariola Pazos, cun alto compromiso coa creación de solucións innovadoras e sostibeis.

Seteoitavas

Especialistas en urbanismo e bioconstrucción, e no acompañamento a administracións públicas para a implementación do modelo de vivenda colaborativa.

50pés consultoras

Expertas en economía social e feminista, facilitación de grupos e acompañamento de proxectos socioeconómicos de entidades con ou sen ánimo de lucro.

Mariola Pazos

Avogada con ampla experiencia no sector público, cun enfoque especializado no asesoramento xurídico en proxectos urbanísticos e cooperativas.

k

David de la Iglesia

Director creativo e consultor de marca con ampla experiencia. A súa traxectoria destaca pola evolución constante no deseño gráfico, desenvolvemento web e fotografía.

Estes son os nosos

SERVIZOS

Servizos de acompañamento técnico e humano para proxectos de vivenda colaborativa

En AGRELAR Consultora ofrecemos un servizo integral que cubre tódalas etapas dos proxectos de vivenda colaborativa inclusiva, dende a pesquisa ata a execución final.

O noso modelo basease no traballo en equipo e interrelación das áreas xurídica, urbanística, arquitectónica, económica, de relacións grupais e de comunicación e marketing dixital, cara a dar solucións efectivas e realistas adaptadas ás necesidades específicas dos proxectos e persoas que os conforman.

"

Ofrecemos solucións integrais para colectivos, organizacións e administracións públicas. O noso enfoque inclúe:

Pesquisa

e diagnose

Pesquisa e diagnose: Análise de viabilidade, estudo de normativas e adaptación ás necesidades de cada colectivo ou organización.

Acompañamento Técnico

Acompañamento Técnico: Apoio durante o proceso de ideación, deseño e planificación de proxectos de bioconstrucción e urbanismo sostibel.

Asesoría para Colectivos e Administracións Públicas

Facilitamos a implementación de modelos de vivenda colaborativa, tanto a nivel normativo como técnico, asegurando a súa viabilidade legal e económica.

Formación e facilitación de grupos

Axudamos a atender as necesidades humanas de convivencia e traballo en equipo, dende a creación e cohesión de grupo á organización interna, toma de decisións e xestión das diferenzas ou conflictos.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

5 + 10 =

contacta

Contacta connosco para comezar a construír proxectos colaborativos e sostibles

Teléfonos

648 952 053 / 649 572 104

Email

info@agrelarconsultora.com

Localización

Rúa Poboadores 35 baixo
VIGO 36202
Pontevedra